• Galego
  • Castellano
  • English
INICIO





Esqueceches o contrasinal?


novas


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
OPENBRAVO ERP
Enlace a www.openbravo.comIlumax é partner oficial de Openbravo. Trátase dun sistema de xestión empresarial integrado (tamén coñecido como ERP) en software libre e entorno web, que ofrece unha proposta de valor radicalmente distinta proporcionándolle moito máis por moito menos: ser verdadeiramente dono do seu ERP e só pagar polo soporte profesional que precise.   ler máis ...
 
ALFRESCO
Logo de alfresco
Alfresco preséntase como a mellor alternativa en código aberto aos sistemas tradicionais de xestión de contidos corporativos.
É a primeira compañía que ofrece a potencia de Open Source neste  mercado, aportando ás empresas un nivel de escalabilidade sen precedentes e por un custe total moito menor cos sistemas propietarios xa que evita o pago das costosas licenzas que estos soportan.  As diferentes funcionalidades que soporta esta solución:
  • Espazos de traballo
  • Acceso a arquivos de escritorio
  • Contidos auditables
  • Fluxos de traballo
  • Categorías
  • Búsquedas avanzadas
  • Administración
ler máis ...
EGROUPWARE
 Logo eGroupware
eGroupware é unha suite de programas en código aberto para a empresa que están listos para o traballo en grupo na súa rede corporativa. Permite a xestión de contactos, citas, tarefas e moitas máis cousas para todo o seu negocio. eGroupWare é un servidor de traballo en grupo. Ven cunha interface web nativa que permite o acceso aos datos dende calquera plataforma e dende calquera punto do planeta. Ademáis, tamén permite elexir entre os seguintes clientes  (Kontact, Evolution, Outlook) para acceder aos datos do servidor podendo usar para elo un PC ou ben un teléfono móvil ou PDA facendo uso de SyncML.

ler máis ...