• Galego
  • Castellano
  • English
INICIO arrow CONSULTORIA





Esqueceches o contrasinal?


novas


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Asesoramento personalizado
foto corporativaOs sistemas informáticos das organizacións tórnanse cada día máis sofisticados, debido aos requerimentos propios do negocio e como consecuencia da aparición de novas tecnoloxías. Por mor disto  a operativa de traballo da empresa depende cada vez máis da calidade do soporte informático e da dispoñibilidade total destes recursos. 

Dende Ilumax realizamos unha profunda análise dos procesos do seu negocio no que se identifican as metas e os obxectivos a conquerir. Posteriormente recomendamos ao cliente as tecnoloxías e sistemas máis adecuados para soportar e mellorar o seu negocio.

A forma de traballar de Ilumax Software é aberta e transparente. Somos un equipo de Enxeñeiros Informáticos que vendemos servizos e solucións de calidade. O noso obxectivo é dar un soporte completo a tódolos procesos que a súa empresa precise e coa calidade que vostede se merece.

Somos a elección perfecta para medrar e mellorar organizativamente facendo uso das novas tecnoloxías. Para Ilumax o máis importante é a confianza e satisfacción do cliente para vindeiras ocasións. 

 
Diagrama de consultoría